CRTVG

Buscar

Comeza a recollida da faba loba no concello ourensán da Veiga

Publicado o 16/09/2021 21:42

Recuperaron as sementes que gardaban os maiores nas aldeas e agora hai arredor dunha trintena de produtores e produtoras que as cultivan. Estes días están comezando a recoller as primeiras fabas lobas no concello ourensán da Veiga.

Producen ao ano entre 1.500 e 2.000 quilos desta faba. A colleita do ano pasado din que está toda vendida e este ano agardan ter unha moi boa produción, en calidade e cantidade. Os traballos de recollida alongaranse durante todo o mes de outubro, e despois envásanas no centro de procesamento da faba loba en Prada para a súa comercialización.

Noticias web

16/09/2021