CRTVG

Buscar

Comeza a programarse a vacinación nos centros de menores

Publicado o 01/03/2021 13:59

Tras as vacinacións nas residencias, en breve será a quenda dos centros de menores. Anunciouno a conselleira de Política Social, que asegurou que xa lle trasladaron a Sanidade o listado cos profesionais e usuarios destes centros.

"Xa demos traslado da listaxe do persoal dos centros de menores e cónstanos que será inminente a vacinación, algo que é necesario porque é un servizo residencial de máxima calidade para atender os menores de Galicia", manifestou a conselleira de Política Social, Fabiola García.

 

Noticias web

01/03/2021