CRTVG

Buscar

"Operación Centinela": o exército vixía os montes e trata de disuadir os incendiarios

Publicado o 15/08/2021 15:04

Saímos dende A Cañiza coa patrulla que se encarga de dar o relevo a brigada da noite. Percorren os diferentes distritos da Comarca do Condado Paradanta. Son un total de 30 patrullas distribuídas por todo o territorio galego. Hoxe acompañamos as brigadas encargadas da vixilancia da zona sur da nosa comunidade.

O seu principal obxectivo é o de vixilar os nosos montes, disuadir os incendiarios e sobre todo visivilizar a súa presenza entre a cidadanía.

Unha patrulla pode percorrer nunha única xornada arredor de 250 quilómetros. E todo está perfectamente monitarizado e rexistrado por se fose necesario actuar.

Percorren camiños, están nas zonas urbanas e utilizan a vista de paxaro para ter unha imaxe máis real da situación. O seu traballo non pasa desapercibido para os viandantes.

O seu traballo prolongarase ata o un de outubro. Dispoñen de medios aéreos se nalgún momento o risco de incendio pasa a ser alto ou moi alto.

A operación centinela, naceu en 2006, fruto dun convenio de colaboración entre Defensa e medio rural. O pasado ano a súa presenza permitíu abortar máis de cen conatos de incendio en Galicia.

Noticias web

15/08/2021