Comeza a montaxe das casetas do polbo do San Froilán
Publicado o 20/09/2019 12:05
En Lugo asoma xa o San Froilán. Comezaron os traballos de montaxe das casetas do polbo na contorna do parque Rosalía. Dentro de dúas semanas abrirán as súa portas.
Non hai novidades nos prezos, manteñense despois da suba do ano pasado, polo que a ración de polbo servirase a 12 euros. As festas patronais arrancarán oficialmente o día 3 de outubro.