CRTVG

Buscar

Comeza a montaxe das barracas do San Froilán

Publicado o 25/09/2019 12:48

Conta atrás para as grandes festas patronais do outono galego, o San Froilán. No recinto feiral comezou a montaxe das barracas. Postos coma o carrusel ou a tómbola xa ocupan o seu lugar no recinto. Tamén xa se instalaron as grilandas de luces.

Oficialmente, as festas arrancan o 4 de outubro. Durarán dez días, para os que hai programados preto de medio cento de concertos, actividades ao aire libre dentro do San Froilán miúdo e, como non, a tradicional visita ás casetas para degustar o polbo.

Noticias web

25/09/2019