Comeza a Feira do Libro da Coruña
Salváronos moitos días do confinamento. Resistiron. Eles e os máis dos escritores, libreiros e editores que se encontran nunha nova edición da Feira do Libro da Coruña. Os coruñeses Érica Esmorís e Javier Peña son dous dos 107 escritores que este ano asinarán as súas obras na feira. Ela inaugura o acto, el chega á súa cidade co éxito da súa primeira novela.
Libros como por exemplo 'Infelices' , onde a amizade desa época xoga co azar da infelicidade, libros como 'Nena e o mar' ou 'Quen salva un can', literatura infantil que fai pensar. Libros que, como reza a Feira, non contaxian, enganchan.
As casetas esperan nos xardíns de Méndez Núñez. Este sábado, primeira páxina. Final, o dez de agosto. Hai tempo para encontrarse coa literatura que nos agarda.