Festa do Meixón en seis restaurantes de Tui durante as fins de semanas de abril
Precisan de pouca preparación, pero son obxecto de desexo dos grandes gourmets e dos padais máis exquisitos. Tomen nota, porque o mes de abril é o mes da exaltación do meixón en Tui.
Todas as fins de semanas de abril seis restaurantes de Tui dannos a oportunidade de degustar a cría da anguía, un produto exquisito que precisa moi pouca preparación, un bo aceite, allo e chile. O Parador de Tui é un dos restaurantes onde a preparan, pero tamén se pode tomar nos clasiquísimos El Molino, O novo Cabalo Furado ou o Asador de Paulo.
O grandes gourmets, os turistas que visitan Tui son algúns dos que acoden aos restaurantes a probalo. Pero tamén hai moitos tudenses que veñen a lembrar os vellos sabores de cando o meixón era un peixe abondoso e barato.
Agora coa presión dos mercados asiáticos que o levan para criar cada vez é máis caro e difícil comer este alevín que é quen de percorrer 5.000 quilómetros ata o mar dos Argazos.