CRTVG

Buscar

Comeza a etapa Albés no Lugo cun decisivo partido coa Ponferradina

Publicado o 24/04/2021 14:17

Trala tormenta provocada co despido de Luis César, Rubén Albés converteuse no cuarto adestrador no Lugo nesta temporada. O técnico vigués móllase á hora de pedir o que quere do seu equipo.

Rubén Albés. Adestrador do C.D. Lugo. "Identidade e paixón polo deporte, ten que ser un equipo que xogue con paixón e todo o que implica a paixón, desde a paixón poderemos construir o resto de cousas e a partir de ahí, unha identidade e unha liña que o Lugo sexa recoñecible".

Primeira estación Ponferrada onde o Lugo gañou a pasada temporada nunha situación clasificatoria semellante, co equipo situado en postos de descenso. Albés, sen embargo, tenta sacarlle transcendencia ó partido.

Rubén Albés. Adestrador do C.D. Lugo. "Partido, evidentemente, moi importante para cortar coa dinámica, é fundamental cortar canto antes coa dinámica, pero creo que non hai que levalo ó drama seguiremos tendo que pelexar, seguiremos tendo que gañar partidos, se perdemos teremos que seguir facendo o mesmo".

Durante estos días, o técnico tentou trasladarlle ós seus xogadores o tratamento que quere aplicar para rachar coa xeira de trece xornadas sen gañar e cinco derrotas consecutivas.

Rubén Albés. Adestrador do C.D. Lugo. "Que os nosos futbolista sintan que poden gañar. Está clarísimo que a primeira vitoria vai chegar con sufrimento porque cando levas unha dinámica tan mala, vai chegar con sufrimento pero ahí é onde todos temos que sufrir, xuntarnos como equipo, ser familia e gañar ese partido a través do sufrimento, pero gañalo".

Albés inicia a súa carreira pola salvación.

Noticias web

24/04/2021