Comeza a desescalada nos centros de atención a persoas con discapacidade
Publicado o 16/02/2021 17:53
A partir de mañá, os residentes dos centros de atención a persoas con discapacidade van poder volver a casa nas fins de semana, cumprindo con certos protocolos. Os usuarios destes centros poderán de novo visitar en fin de semana as súas familias. Autorízanse as saídas, pero con condicións.
Estes centros iniciarán a desescalada unha vez completado o proceso de inmunización. É dicir, as saídas dos usuarios só serán posibles unha vez transcorridos polo menos dez días, ou máis, tras recibir a segunda dose da vacina.
Os centros de atención ás persoas con discapacidade, xunto coas residencias de maiores, levan blindados dende que se iniciou o proceso de vacinacion, a principios de xaneiro.