Comeza a declaración da renda presencial con colapso nas solicitudes de cita previa
"Vía telématica, a través da xestoría ou nos primeiros días", sinalan algúns cidadáns.
É a tranquilidade dos que xa cumpriron coa declaración da renda que contrasta coas complicacions que están a atopar os que dende mañá apostan por facela de xeito presencial.
"Voulle levar os papeis a unha compañeira para que chame a estes teléfonos, que onte tentou por Internet e imposible". "Levo varios días chamando e nin sequera contestan e seguen saturadas as liñas".
Non o terá doado este cidadán, porque por calquera destes medios de solicitude de cita previa atopar un oco libre parece complicado na maior parte das delegacions da Axencia Tributaria.
Porén, dende a Axencia Tributaria fan unha chamada á calma e aseguran que nos días vindeiros habilitarán medios e novas citas para que ningún cidadán quede sen asistencia en oficina. O prazo para facer a renda de xeito presencial remata o 30 de xuño.