Comeza a corentena para os que chegan do estranxeiro
Publicado o 15/05/2020 18:43
Este veciño de Santiago é un dos primeiros galegos en regresar a España coa nova normativa, que dende este venres obriga todos os que cheguen do estranxeiro a pasar 14 días de corentena. Só poden saír da casa ou do hotel para ir ao súper, á farmacia, ao médico ou por un motivo xustificado.
Para poder entrar, hai condicións que cumprir: ser español ou ter residencia legal no país, ademais dos traballadores transfronteirizos. No aeroporto mídenlles a temperatura e deben completar varios formularios.
Dende este sábado só 5 aeroportos españois reciben voos internacionais, ningún galego. Tamén se realizarán controis en oito portos, entre eles o de Vigo.