CRTVG

Buscar

Comeza a conta atrás para que o fundador de Amazon Jeff Bezos viaxe ao espazo

Publicado o 20/07/2021 09:52
Comeza a conta atrás para que o fundador de Amazon Jeff Bezos viaxe ao espazo

Todo listo para que Jeff Bezos voe hoxe ao espazo. Será ás tres da tarde, hora de España. O fundador de Amazon voará nunha nave da súa propia empresa acompañado pola súa irmá, unha veterana piloto de 82 anos e o fillo de 18 anos dun multimillonario holandés.

A viaxe consistirá nun voo parabólico que superará os 100 quilómetros de altura, o punto internacionalmente aceptado como o comezo do espazo. Hai nove días, outro multimillonario, Richard Branson, no seu voo con Virgin Galactic quedou nos 86 quilómetros.

Noticias web

20/07/2021