CRTVG

Buscar

Conta atrás para colocar as luces de Nadal na cidade de Vigo

Publicado o 24/05/2021 16:45

Na cidade de Vigo xa comezou a conta atrás para colocar as luces do Nadal. Segundo o seu alcalde, a instalación do alumeamento vaise adiantar porque son tantos os focos que fai falta moito tempo para poñelos. 

Abel Caballero fala de millóns de visitantes para este ano porque, considera, a situación da pandemia a finais do  2021 o vai permitir. O rexedor convidou a todo o mundo a visitar a cidade para ver de preto, na súa opinión, "o mellor Nadal do mundo".

 

Noticias web

24/05/2021