CRTVG

Buscar

Comeza a avaliación de danos polas inundacións en Alemaña mentres en Bélxica se garda un día de loito polas vítimas

Publicado o 20/07/2021 20:33
Comeza a avaliación de danos polas inundacións en Alemaña mentres en Bélxica se garda un día de loito polas vítimas

Os danos provocados polas chuvias torrenciais en Alemaña poderían ascender aos 2.000 millóns de euros, segundo as primeiras estimacións do goberno alemán As graves inundacións que afectaron hai seis días ao oeste do país, especialmente aos estados de Renania-Westfalia e Ranania-Palatinado, causaronlle a morte a 165 persoas, mentres se segue á busca de centos de desaparecidos. Na veciña Bélxica decretóuse un día de loito en memoria das 31 persoas falecidas neste país a consecuencia das devastadoras inundacións.

Noticias web

20/07/2021