CRTVG

Buscar

Comeza a autopsia ao home que apareceu morto en Chapela

Publicado o 01/02/2021 20:39

A policía non desbota un crime violento por algún delito anterior

Este luns comezou a autopsia ao home que apareceu morto na súa casa de Redondela o pasado sábado. O traballo dos forenses do Imelga será fundamental para desvelar que lle ocorreu realmente a Roberto.
A este veciño de Chapela atopárono na casa atado de pés e mans, coa boca tapada, cunha bolsa na cabeza. Pero na vivenda non había sinais de violencia, nada desordenado, a porta estaba pechada con chave, a comida na mesa e a música posta. Ningún veciño oíu nada.

INSERTOS SEN PRINTERS

Polo de agora non se descarta ningunha hipótese. Pero fontes da investigación cren que poderiamos estar ante unha morte violenta e incluso relacionada con algunha actividade delituosa anterior da vítima.
Os veciños do lugar, os que o coñecían de toda a vida, non acaban de crelo.

INSERTOS SEN PRINTERS

A policía interroga o círculo da vítima para saber que hai detrás desta morte. Pero polo de agora non se sabe de detidos nin sospeitosos. O xulgado que investiga o caso mantén o segredo de sumario.

Noticias web

01/02/2021