Os inmunodeprimidos din que a dose de reforzo é un chanzo máis cara á normalidade
Publicado o 15/09/2021 14:27
A terceira dose da vacina é xa unha realidade. Comezouse a administrar aos inmunodeprimidos que reciben esta dose de reforzo con alegría.
A María José a citación pillouna por sorpresa e di que agora se animará por fin a viaxar.
Maior seguridade e máis tranquilidade son agora as palabras máis repetidas nas ringleiras para a terceira dose.
Os beneficiarios din que esta dose de reforzo é un plus para volver á normalidade.
En Galicia recibirán a terceira dose da vacina unhas 7.500 persoas.