CRTVG

Buscar

Comesaña pídelle ao Estado a retirada do recurso á Lei galega de saúde

Publicado o 23/06/2021 21:18

A Xunta denuncia o partidismo do Goberno central ao recorrer a Lei galega de saúde e permitir a aplicación dunha lei idéntica nas Baleares. O conselleiro de Sanidade anunciou no Parlamento que acaban de pedir ao Estado a retirada dese recurso para que a reforma da lei se poida aplicar na nosa comunidade.

Comesaña asegurou que a Xunta non quedaría de brazos cruzados, e asegurou que lle mandaron unha carta a Darias e Iceta reclamando a suspensión do artigo da lei galega.

Noticias web

23/06/2021