Comesaña pide aumentar o uso do certificado covid de vacinación

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lembroulle á ministra Darias o propósito do Goberno central de poñer en funcionamento o uso, máis aló das viaxes internacionais, do certificado dixital de vacinación unha vez se acadara o 70 % da poboación vacinada.
Ademais, Comesaña solicitou, xunto con outros conselleiros, unha reunión monográfica sobre Atención Primaria: "Urxe unha reunión porque é unha prioridade para Galicia que o Ministerio revise os criterios de acreditacións das unidades de docencia para ter a oportunidade de formar máis especialistas de médicos de Familia e Comunitaria. Pedimos, unha vez máis, ao Ministerio de Sanidade novas unidades, dada a carencia de profesionais en Atención Primaria, un problema que afecta todo o país".