CRTVG

Buscar

Comercio e hostalería únense en Vigo para reclamar as perdas polas restricións

Publicado o 23/02/2021 16:33

Os sectores do comercio e da hostalería de Vigo uníronse para presentaren unha demanda conxunta para reclamar os danos que lles están a ocasionar as restricións por mor da pandemia.

Moitos comerciantes pecharon as súa portas definitivamente durante a pandemia e outros moitos temen polo futuro dos seus establecementos. Queren recuperar o que deixaron de gañar, non só polos peches forzosos dos seus negocios, senón tamén polas limitacións impostas aos seus horarios e ocupacións. 

Por iso agora uníronse aos hostaleiros nunha demanda colectiva, a primeira destas caraterísticas que se presenta en Galicia, en que reclaman das administracións indemnizacións que compensen as perdas provocadas por mor das restricións impostas durante a pandemia.

As asociacións que aglutinan os dous sectores presentaron a demanda nos xulgados vigueses e invitan a todos os comerciantes e hostaleiros da provincia a adherirse a esta iniciativa.

 

Noticias web

23/02/2021