CRTVG

Buscar

Comerciantes e hostaleiros de Santiago quéixanse de que non lles baixen o prezo dos alugueiros

Publicado o 05/02/2021 15:14

Comerciantes e hostaleiros din que a insensibilidade de parte dos propietarios dos locais para axustar os prezos dos alugueiros os está condenando ao peche. Nalgunhas zonas xa se percibe a cantidade de negocios perdidos e os que perviven, aínda coa redución das cotas, temen non poder resistir se a situación se prolonga e non reciben axudas.

Daniela ten unha pequena panadería e dozería na zona vella de Santiago. Mantena aberta grazas a que conseguiu que lle baixaran a renda do local e que lle admitiran unha demora no pago de varios meses. Pero aínda así teme non poder resistir e acabar en breve coma tantos negocios do seu contorno que xa pecharon porque non conseguiron acordar un axuste do alugueiro.

Na zona vella a falta de turistas fai que a situación sexa crítica, pero na zona nova din que as cousas non van moito mellor porque os peches perimetrais impiden o acceso de toda a clientela dos concellos dos arredores e os donos dos locais non sempre están dispostos a quitar algo da sua parte.

A situación é insostible e máis coas rendas que se pagan nestas zonas: "Ata 7.000 euros, e o que menos paga mil. Non hai maneira de sostelo; se non nos dan axudas xa, a metade dos negocios temos que pechar", di Begoña Martínez, unha comerciante do Ensanche compostelán.

Noticias web

05/02/2021