CRTVG

Buscar

Comerciantes e hostaleiros de Barcelona alertan do impacto das protestas na economía

Publicado o 22/10/2019 14:42
Comerciantes e hostaleiros de Barcelona alertan do impacto das protestas na economía

Amais dos danos materiais que ocasionan, os disturbios da última semana déixanse notar na actividade comercial no centro de Barcelona. O turismo e a restauración son os grandes prexudicados polas protestas. A agrupación de comerciantes Barcelona Oberta fala dunha perda de actividade dentre o 30 e o 50 por cento, e o Gremio de Restauración calcula que bares e restaurantes das zonas máis afectadas polos disturbios suman perdas de dous millóns de euros.

Os hostaleiros alertan de cancelacións de reservas nos establecementos. Nos últimos días suspendeuse unha convención prevista para 750 asistentes, e tres cruceiros decidiron cambiar a súa escala na Cidad Condal. Amais, as viaxes do Imserso, que se puxeron á venda a semana pasada, castigan a Cataluña: o 70 por cento das prazas a este destino están sen cubrir. Nas rúas de Barcelona hai quen teme que os disturbios incrementen a inseguridade.

As embaixadas de países como Francia, o Reino Unido e Portugal difundiron mensaxes sobre os riscos de viaxar a Cataluña.

Noticias web

22/10/2019