CRTVG

Buscar

Comerciantes do barrio ourensán da Ponte denuncian ser vítimas dun calote

Publicado o 15/06/2021 14:08

Antonio aínda garda a glicosa que contiña o paquete que lle entregaron a el. Foi un dos primeiros estafados. Chamárono facéndose pasar polo propietario do restaurante A Feira para que recollese  unhas medicinas para o seu pai. Tras recoller o encargo, chamouno e decatouse de que era un calote. A el estafáronlle pouco máis de 13 euros. Nesta outra tenda o paquete supostamente contiña unha copia dunhas chaves. Despois de pagarlle ao estafador chamaron ao local e comprobaron que foran vítimas dunha estafa. Desta volta, 15 euros con 87.

O responble do restaurante di que xa son varios os comerciantes que o chamaron. O mesmo lle aconteceu a unha librería. Sempre piden pequenas cantidades de diñeiro, que as vítimas adoitan aboar debido a relación de confianza que existe. A policía xa está tras a pista do suposto estafador.

Noticias web

15/06/2021