CRTVG

Buscar

Comerciantes de Vilagarcía piden máis vixilancia tras varios roubos nas últimas semanas

Publicado o 02/08/2021 14:54

Hai apenas un mes que Maruxa Ríos abriu as portas do seu negocio, e xa tivo que enfrontarse a un intento de roubo. Levaba uns días vendo unha muller de aspecto sospeitoso pola zona. Segundo comenta, xa tentara facerse coa recadación doutras tendas da contorna. Desta vez tocoulle a ela. Explica que cando se deu conta de que alguén andara na caixa, saíu á rúa na busca desta persoa, pero foi outro traballador do establecemento quen deu con ela.

Xosé Loureiro atopouna nas proximidades e conseguiu manter o sangue frío para seguila e chamar a policía. Unha patrulla presentouse en dez minutos. A de Maruxa foi a última tentativa de furto das máis de catro denunciadas polos comerciantes desta zona na última semana. Tamén quixo levar os cartos dunha tenda de roupa que hai ao lado, da clínica veterinaria onde a colleron na allada e dunha perfumería próxima. Os comerciantes piden máis vixilancia. A muller detida xa pasou a disposición xudicial.

Noticias web

02/08/2021