CRTVG

Buscar

Comerciantes de Campelo quéixanse da falta de aparcadoiros tras a construción de beirarrúas

Publicado o 25/05/2021 14:11

A construción de beirarrúas en Campelo, no concello pontevedrés de Poio, rematou hai pouco tempo. Coma noutros lugares, quedou unha plataforma única coas beirarrúas ao mesmo nivel que a calzada. Pero esta obra desagrada varios comerciantes da localidade. Aseguran que os máis prexudicados por esta situación son os negocios e quéixanse de que a Policía Local sexa severa de máis. Din que este é un lugar de paso e que a xente de fóra acode mercar, polo que cren que hai que darlles facilidades.

 

Noticias web

25/05/2021