CRTVG

Buscar

Comeza a distribución de 520.650 novas doses da vacina de Pfizer

Publicado o 01/03/2021 16:41
Comeza a distribución de 520.650 novas doses da vacina de Pfizer

España recibiu preto de 521.000 novas doses da vacina de Pfizer. O Ministerio de Sanidade xa anunciou que comezou a distribuílas entre as comunidades autónomas.

Dende que comezou a campaña de vacinación, hai dous meses, repartíronse entre as autonomías máis de catro millóns e medio de doses. O 80 % das vacinas recibidas xa se administraron.

Noticias web

01/03/2021