CRTVG

Buscar

Colombia, no peor momento da pandemia, con récord de mortes e de contaxios

Publicado o 05/06/2021 12:55
Colombia, no peor momento da pandemia, con récord de mortes e de contaxios

Colombia atravesa un dramático e interminable terceiro pico da pandemia do coronavirus cunha nova marca de contaxios e de mortes. Ademais, as UCI están colapsadas, mentres as autoridades deciden flexibilizar cada vez máis as restricións á mobilidade nun intento de reactivar a econonomía, seriamente danada polo virus.

O país rexistrou o peor día nos datos da pandemia cun dobre récord de 28.624 contaxios e 545 falecidos, cifras que aumentan desde a Semana Santa. A vacinación, conforme din os expertos, palía aínda así o impacto da covid con 11 millóns de doses aplicadas.

As autoridades advirten nas últimas semanas do perigo e do risco epidemiolóxico que supoñen para o país as manifestacións multitudinarias contra o goberno que percorren as vilas e cidades de Colombia desde o 28 de abril.