CRTVG

Buscar

Colombia quere estreitar os seus lazos co empresariado galego

Publicado o 18/09/2021 17:12

Despois do paro provocado pola covid as exportacións entre Galicia e Colombia volven recuperar peso. Dende o ano 2016 superan a barreira dos 50 millóns de euros anuais. Fernando Guldrís, director do Igape explica que "a automoción e o téxtil protagonizan as exportacións galegas a Colombia pero hai outros sectores como o agroalimentario, o forestal, o TIC ou o naval, nos que tamén hai importantes oportunidades de negocio entre os dous territorios".

O Instituto Galego de Promoción Económica acaba de poñer en marcha un proxecto para fomentar a internacionalización das empresas galegas. Neste caso para aumentar as relacións dos empresarios galegos con Colombia. Fernado Guldrís afirma que "os ciclos económicos positivos que experimenta Colombia son un incentivo máis para as empresas galegas".

O ano pasado España foi o país que fixo o segundo maior investimento en Colombia, só por detrás dos Estados Unidos.

Noticias web

18/09/2021