CRTVG

Buscar

Colisión múltiple con cinco vehículos implicados nun accidente na A-55

Publicado o 12/04/2021 09:46
Colisión múltiple con cinco vehículos implicados nun accidente na A-55

Unha colisión múltiple con polo menos cinco vehículos implicados rematou este luns con dúas persoas trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia no municipio pontevedrés de Mos. Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar pasados poucos minutos das 7:30 horas deste luns na autovía A-55, en sentido a Vigo, á altura da gasolineira, ao seu paso pola parroquia de Tameiga.

Así o indicaron usuarios da vía, que chamaron ao 112 Galicia para informar do sinistro. Con estes datos, os xestores de Emerxencias alertaron do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes de Tráfico e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos. Ao lugar o 061 enviou dous ambulancias que asistiron no punto do sinistros dous homes de 42 e 44 anos que foron trasladados a un centro hospitalario por unha terceira ambulancia.

Do mesmo xeito, informaron os bombeiros do Porriño e voluntarios de Protección Civil da localidade por se fose precisa a súa intervención. Ademais, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos servizos de mantemento da vía para recuperar as condicións de seguridade.