CRTVG

Buscar

O litoral volve estar este luns en alerta laranxa por temporal costeiro

Publicado o 13/12/2020 20:44

Galicia vai comezar a semana con temporal costeiro. Todo o litoral volve estar en alerta laranxa ante a previsión de mar de fondo e ondas de ata sete metros. Despois deste domingo en que as condicións do mar amainaron algo, salvo na Costa da Morte, en aviso amarelo, a Axencia Estatal de Meteoroloxía avisa dun novo fenómeno adverso a partir desta medianoite.

Ante esta situación, a Xunta activou a alerta laranxa e informou os concellos e provincias afectadas. A Dirección Xeral de Emerxencias lembra a importancia de manterse afastados dos paseos marítimos e de todas aquelas zonas que o mar poida varrer. E aconsella suspender as actividades pesqueiras e marisqueiras nas zonas máis perigosas.

Noticias web

13/12/2020