O xulgado abre dilixencias por unha morte no xeriátrico de Ribadumia
Publicado o 19/01/2019 14:22
Un xulgado de Cambados abriu dilixencias pola morte dunha interna de 85 anos nun xeriátrico de Ribadumia. A muller caeu da cama unha noite de hai ano e medio, cando no centro, con 150 residentes, só estaban de garda dous xerocultores e unha enfermeira. Tiña unha ferida pequena nun pómulo e volveron deitala, pero visitárona cada hora ata que remataron o seu traballo. No cambio de quenda foi derivada ao hospital do Salnés, onde faleceu catro días despois. A familia acusa por homicidio imprudente ao centro e este alega que cumpriu o protocolo asistencial.