Desaloxan 5.500 persoas en aglomeracións en varios puntos de Barcelona
Publicado o 22/08/2021 11:37
Desaloxos este primeiro sábado sen toque de queda en Barcelona. En total, os axentes disolveron máis de 5.500 persoas en distintos puntos da cidade. Entre eles o barrio de Gracia, que celebra as súas festas, e tamén na praia de San Miguel e noutros puntos da cidade.
Non constan detencións. O Govern espera que o Tribunal Superior de Cataluña avale o luns a súa nova proposta para aplicar o toque de retirada en 62 concellos, entre eles Barcelona e as principais cidades da súa área metropolitana, despois do rexeitamento da prórroga, co límite de aplicación da restrición a só 19 localidades.