CRTVG

Buscar

Os membros dos CDR detidos tiñan previsto secuestrar o Parlament e Torra proclamaría a república

Publicado o 07/11/2019 08:32

Os sete membros dos CDR detidos hai un mes en Cataluña planeaban asaltar o Parlamento catalán e pecharse nel durante unha semana. Unha vez dentro, o presidente da Generalitat proclamaría a república.

Son datos do sumario da operación Judas que leva a Audiencia Nacional. Os arrestados chamábanlle Gandalf ao president e Lisa a Puigdemont, planeaban mandar cartas bomba, recompilaban fotos de policías, cuateis e instalacións de Renfe.

Noticias web

07/11/2019