CRTVG

Buscar

Caravana de coches para que se repita o xuízo por Marta del Castillo

Publicado o 19/01/2019 13:50

Uns douscentos coches antigos percorreron as rúas de Sevilla en apoio á demanda da familia de Marta del Castillo de que se repita o xuízo polo seu asasinato. A mobilización de hoxe chega cando vai haber dez anos do crime, o 24 deste mes, e unha semana antes da manifestación convocada polo mesmo motivo para o sábado que vén. Os organizadores non comprenden que se queira derrogar a cadea perpetua revisable e ven unha barbaridade que se propoña suprimir a lei contra a violencia de xénero.






 

Noticias web

19/01/2019