Primeiro goberno cuatripartito en Aragón
Publicado o 01/08/2019 08:46
Onde chegaron a acordo foi en Aragón e o socialista Javier Lambán foi reelixido presidente da comunidade
Foi posible polo acordo con Podemos, Chunta Aragonesista e Partido Aragonés, que formarán co PSOE o primeiro goberno cuatripartido da historia de Aragón.
E tamén se despexou a investidura da socialista María Chivite en Navarra. Bildu confirmou que se absterá e sairá elixida grazas ao seu pacto Geroa Bai, Podemos e Izquierda Ezquerra. O debate comeza hoxe e será investida mañá por maioría simple.