CRTVG

Buscar

Hai seis anos do asasinato de Asunta Basterra

Publicado o 21/09/2019 21:07

Hoxe hai seis anos do asasinato de Asunta Basterra. Un crime polo que tanto súa nai, Rosario Porto, coma seu pai, Alfonso Basterra cumpren 18 anos de condena nos cárceres da Lama e de Teixeiro. Foron condenados por asasinato con agravamento de parentesco. Asunta morreu asfixiada o 20 de setembro de 2013 no chalé familiar en Montouto. No seu corpo detectaron ademais unha forte dose de sonmníferos. O cadáver da nena foi atopado un día despois, na madrugada do 21 de setembro, nunha pista forestal non moi lonxe da propiedade familiar.

Noticias web

21/09/2019