CRTVG

Buscar

"Cohete" Suárez lidera o Rally de Ourense e Iván Ares é o segundo na proba

Publicado o 17/07/2021 16:51

Primeira pasada polo treito de Allariz, na que Jan Solans confirmou a súa recuperación logo da picada de onte marcando o mellor tempo e consolidándose no terceiro posto do rally. O líder segue sendo un Cohete Suárez que aínda agarda máis calor para a segunda pasada.

Iván Ares mantén a segunda praza, pero lamentou pequenos erros nas súas anotacións previas ao treito deste mediodía. Marcou o mellor tempo o Citroën de Jan Soláns, co que logrou unha posición provisional no podio.

Álvaro Muñiz cedeu o seu posto no podio, pero insiste no obxectivo inicial. Quedan só os treitos da tarde en Ourense para decidir o gañador.



 

Noticias web

17/07/2021