CRTVG

Buscar

Cohete Suárez gaña un Rías Baixas marcado polo atropelo dunha espectadora

Publicado o 24/07/2021 20:55

Rematou o Rally Rías Baixas, puntuable para a Copa de España de asfalto. Un Rally que deixou unha imaxe arrepiante. O atropelo dunha afeccionada. Tivo que ser evacuada en estado grave ao hospital con fractura na cadeira e un golpe na cabeza. A súa vida non corre perigo.

Tras a evacuación, o rally puido retomarse, e seguiu o paseo triunfal de Cohete Suárez e Alberto Iglesias. O piloto asturiano gañou o rally cunha renda dun minuto e 37 segundos sobre Jorge Pérez e Avelino Martínez. Sergio Vallejo e Álvaro Louro completaron o podio. O Rally Rías Baixas non era puntuable este ano para o campionato galego nin para o nacional.

Noticias web

24/07/2021