CRTVG

Buscar

'Cohete' Suárez gaña con solvencia o Rally de Ourense

Publicado o 19/07/2021 12:41

Suárez e Iglesias non deron opción aos seus rivais na 34ª edición do Rally de Ourense. En total: unha hora, 25 minutos e 28 segundos aos mandos do seu Skoda Fabia R5.

A segunda posición foi para a parella que forman Ares e Vázquez, que empregaron 49 segundos máis que os gañadores e xa pensan na proba de Roma na que non terán ningunha presión.

A terceira posición foi para José Luis Peláez e Rodolfo del Barrio, a catro minutos, moi lonxe dos primeiros, pero favorecidos pola dobre picada de Jan Soláns, que estaba afundido en liña de meta.

Soláns e Sanjuán gañaron como premio de consolación o TCPLUS.
 

Noticias web

19/07/2021