Cociñar nun veleiro, cuestión de equilibrio
Publicado o 08/11/2019 21:13
O traballo de cociñeiro pode ser arriscado, pero para exercer nun veleiro hai que ser doutra pasta. O equilibrio é fundamental e as veces hai que exercer de malabarista.
O punto de sal é cousa de nenos cando o complicado é non perder de vista o prato. Lasse, o cociñeiro do buque de vela da Fundación Timbercoast converteu en viral o vídeo no que mostra como traballa os días de mar revolto. É toda unha odisea poñerlle algo de comer aos compañeiros da tripulación.