CRTVG

Buscar

Cociña en miniatura: os microbrotes achegan máis nutrientes e sabor

Publicado o 17/01/2019 20:35

Daniel Rodríguez dálle os últimos toques ao seu tiradiño de salmón. É a mestura de microbrotes que achega sabor, textura e cor a este prato singular.

Unha empresa de Vigo cultiva e vende microbrotes de quince verduras e hortalizas, desde berros ata remolacha ou ravos, rúcula ou xirasol. O valor nutritivo dalgunhas delas é un corenta por cento superior.

En só seis meses conseguiron preto de vinte clientes e axiña van ampliar instalacións. Teñen un horto en altura e cunha temperatura de verán constante para que os brotes abrochen cada dez ou quince días.

Noticias web

17/01/2019