CRTVG

Buscar

Coa inauguración do edificio Fontán dáse por rematada a Cidade da Cultura

Publicado o 06/10/2021 17:06

A Cidade da Cultura, o complexo construído no monte Gaiás, en Santiago de Compostela, finalizou este martes o último dos seus grandes edificios, o Fontán, despois de 20 anos do inicio do proxecto e dez da inauguración do primeiro.

Así o lembrou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante unha visita a este edificio, acompañado do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na que asegurou que se trata da "culminación dun soño".

Tamén destacou que a construción da Cidade da Cultura tiveron un "custo contido", tras decidir ao iniciar o seu mandato en 2009 "non tirar para adiante", senón reformularse as obras con "decisións adecuadas".

O novo edificio vano compartir as tres universidades galegas e o CSIC. A edificación vai ser sede do Instituto de Ciencias do Patrimonio e do Consorcio Interuniversitario.    

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

06/10/2021