Os centros de vacinación masiva pecharán, cando xa se logrou o 90 % de inmunizados
Publicado o 22/09/2021 09:54
Con máis do 90 por cento das persoas vacinadas, Galicia abre unha nova etapa. Pechan os grandes centros de vacinación masiva. Adeus ao IFEVI de Vigo ou á Cidade da Cultura en Santiago.
En calquera caso, o dispositivo podería volver montarse se fora necesario, ben cando chegue o momento dos rapaces, ou mesmo para terceiras doses se finalmente se xeneralizan.
De momento, o Sergas vaise centrar nos que quedaron atrás: chamarán un por un a todos os que aínda non puxeron a primeira dose