Clima solleiro con temperaturas case primaverais
Publicado o 15/02/2021 20:03

Hoxe o tempo deu unha tregua e moitos puideron gozar en Galicia dun tempo moi agradable, case primaveral. As temperaturas foron cálidas, acadando os 20 graos nalgunhas localidades, como foi o caso de Vigo, onde moitos non dubidaron en achegarse á praia de Samil para pasear ou facer deporte.
Aínda que o vento do sur soprou forte en áreas do litoral e tamén nas zonas altas de montaña, o día prestouse para saír dar unha volta. Pero pouco nos dura esta alegría porque xa está entrando outra fronte polo oeste da comunidade, que volverá deixar algunhas chuvias.