CRTVG

Buscar

Clausurados tres puntos de venda de drogas e detidas seis persoas en Ribeira

Publicado o 25/03/2021 13:43

Os seis detidos nunha operación contra a venda de droga en Ribeira permanecen arrestados. O dispositivo despregado a primeira hora da mañá deste mércores na zona da praza de Compostela tivo tres puntos de acción principais.

Nunha vivenda da rúa de Cervantes detiveron unha muller e un home. A casa era coñecida por toda a veciñanza polo fluír continuo e ás veces -din- con fila de espera de persoas, supostamente para mercar droga.

Na rúa adxacente arrestaron o morador desta casa. O rexistro policíal completouse noutro inmoble próximo. A policía interceptoulles en total 108 doses de cocaína e 54 de heroína.

Os veciños máis próximos ás casas onde comerciaban os arrestados, amosaban certo alivio, pero discretamente, tras esta acción policial en que participaron axente da unidade canina, da de prevencion e reacción e do grupo operativo especial.

A policía prosegue as pescudas ao redor dos seis veciños de Ribeira detidos e, previsiblemente, mañá poraos a disposición xudicial.

Noticias web

25/03/2021