Clases para que xente de máis de 50 anos aprendan a ser "youtubers" maduros
Dixitalizándose tamén anda en Rianxo un grupo de maiores de 50 anos. Aprenden como gravar e subir un vídeo a Youtube e así converterse en youtubers. Os mestres, dous rapaces de sobra coñecidos polos seus canais.
Miguel Silva ten un canal en youtube, "Aquel-e", Juan "o Choio" é o avó de Román Castaño. O neto grava e sobe a Youtube e o avó dá consellos. Hoxe, e durante uns meses, están en Rianxo dando clases, a maiores, aos novos.
Total María Losada. Youtubeir@ "Insistíronnos no fácil que ía ser, que nos ían dar as ferramentas para ser quen, e estou vendo que vou a ser quen".
María Losada quere autoproducir vídeos de cantigas de berce, en galego, e subilas a Youtube para que outras avoas, ou quen queira as poida consultar. Como sexa, os alumnos, cada un sendo quen é, queren autoxestionarse, falar ao mundo desde as redes en galego.
Totalrianxeir@a Daniel Gómez. Youtubeir@ "Nunca se é demasiado maior para nada, polo menos mentres teñas unhas cualidades físicas e mentais, eu estou sempre disposto a aprender cousas novas e experimentar. E o que sexa sedúceme que sexa en galego, sexan contos, lendas..."
Miguel e Román, os youtubers que andan metidos no apostolado dos que saben que o que importa non é o soporte senón a idea do que contamos e sobretodo a autenticidade.
Totais Román Castaño. Youtuber "Todo o mundo ten algo que contar. Este tipo de xente é moi real, moi única, e cada unha ten a súa afección, os seus gustos".
Miguel Silva. Youtuber. "Porque é algo que está moi cerca deles, contar historias, ensinar, é algo que tiveron toda a vida ao seu redor, só que agora están detrás dunha pantalla".
Unha pantalla que a algúns como a Juan "o Choio", ao que, coa axuda do seu neto milenial, non lle dá medo.