CRTVG

Buscar

Clases con micro en Chapela para facerse oír entre o ruído da AP-9

Publicado o 05/02/2021 17:03

Así son as clases neste instituto de Chapela: comezan cunha proba de son e a metade das clases vaise en repetir preguntas ou respostas que non se escoitan. A proximidade da AP-9 e a apertura de fiestras fai que por veces semelle que os vehículos entran na aula. Todo isto xera moito estrés e desconcentración en alumnos e profesores.

Os profesores tamén sofren, por iso moitos se fixeron cun micro e cun equipo de son.

Cando o instituto de Chapela abriu, no 91, xa existía a AP-9, pero o seu desdobramento nesta zona duplicou o ruído. Cando fixeron as obras Audasa comprometérase a poñer unhas pantallas acústicas, pero a solución non dá chegado, mentres profesores e alumnos non son quen de eludir a molesta banda sonora.

Noticias web

05/02/2021