Clara vitoria do PNV, suba de EH Bildu e Vox entra no Parlamento vasco
O PNV, malia a histórica abstención do 47 por cento, logra un amplo triunfo este 12-X, ao sumar tres escanos e alcanzar os 31. Os electores avalan así a xestión do lehendakari nos últimos catro anos. Arrasan os nacionalistas, seguidos outra vez por EH Bildu, que tamén rexistra unha forte suba de catro deputados grazas á caída de Podemos Elkarri. Pasa de 18 a 22, o que unido aos 31 do PNV fan do novo Parlamento vasco o máis nacionalista da democracia.
Os socialistas vascos logran o terceiro lugar e soben menos do previsto para pasar de 9 a 10, co que recuperan a hexemonía da esquerda non nacionalista. O golpe máis duro ó o de Podemos, que perde a metade da súa representación para ter 6 fronte aos 11 actuais. Tamén cae a coalición conservadora de PP e Ciudadanos liderada por Iturgáiz, que pasa de 9 a 5. Vox irrompe por primeira vez no Parlamento vasco en Áraba, tradicional feudo dos populares.
A reedición do goberno de coalición entre PNV e PSE estaría máis próxima cun goberno con maioría absoluta e presidido por Iñigo Urkullu, o verdadeiro triunfador da noite.
Urkullu: O PNV responde en positivo
O líder do PNV Iñigo Urkullu agradeceu o apoio dos votantes e asegurou que se porá a traballar para superar a actual crise no País Vasco sen deixar a ninguén atrás.Afirma que ofrecerán certezas e diálogo con vontade de chegar a acordos co resto de partidos para poñer Euskadi en pé en 3 anos.
O resto de forzas políticas recolleron a oferta de Urkullu e amosan a disposición a falar, coas distintas perspectivas dos seus resultados.