Clamor policial e empresarial ante a escalada de violencia en Cataluña
Cataluña volveu deixar imaxes de violencia extrema, nas últimas horas. Un grupo de encapuchados intentou queimar un furgón da Garda Urbana de Barcelona, cun axente dentro. O policía puido fuxir pola porta do copiloto, o que evitou unha desgraza maior. Dúas persoas foron detidas por este ataque. Houbo outra ducia de detidos por actos vandálicos.
O sindicato Sapol vai presentarse na causa, e os corpos policiais falan de abandono institucional.
Nacho Álvarez,voceiro do sindicato dos Mossos d'Esquadra: "Se temos que estar tres horas diante deste energúmenos para que o político nos deixe actuar, ahí está o erro".
O PP solicitou hoxe a comparecencia urxente do Ministro do Interior.
Cuca Gamarra, voceira do PP no Congreso di que "asuma as súas responsabilidades e afronte a escalada de violencia".
Pola súa banda, Cristina Narbona, presidneta do PSOE di que "non está desaparecido, está en contacto permanente e vendo cómo axudar e abordar esta situación".
As patronais catalás e o Círculo de Economía esixen a fin da violencia, e emprazan a Generalitat e o Concello a que lles poñan freo aos roubos e ataques. Tras case dúas semanas de disturbios, este mediodía Pere Aragonès e a cúpula de Interior reuníanse con Ada Colau para abordalos.