CRTVG

Buscar

Ciudadanos rexeita o documento presentado por Vox para garantir a investidura del Díaz Ayuso

Publicado o 24/07/2019 20:36

Segue o bloqueo para formar goberno na Comunidade de Madrid. Ciudadanos rexeita o documento presentado por Vox para garantir a investidura da candidata popular, Isabel Díaz Ayuso. Di que é un retroceso, que non se parece ao acordo de investidura en Murcia e que non é compatible co pacto de goberno asinado entre Ciudadanos e o PP.

Ignacio Aguado, Ciudadanos: "Que presenten un documento semellante ao de Murcia que non sexa incompatible co acordo asinado entre PP e C's na Comunidade de Madrid e remata o asunto. Pero se queren atacar as libertades LGTBI, atacar os inmigrantes, frivolizando coa violencia machista... Entón o que están é abocando a comunidade a unha repetición electoral".

 

Noticias web

24/07/2019