Ciudadanos reivindica nunha marcha LGTBI a necesidade de que se escoiten os dereitos e liberdades de todo o mundo
Publicado o 28/06/2020 15:50
Ciudadanos celebrou cunha marcha pola igualadade no Porriño o día do colectivo LGTBI, reivindicando a necesidade de que se escoiten os dereitos e as liberdades de todo o mundo.
Beatriz Pino defendeu que desde Ciudadanos avogan pola unión, a liberdade e a diversidade. Dixo que en Galicia teñen cabida todas as familias, sexan do formato que sexan.